Escoitar
Patrimonio Histórico promove a súa presencia nas mostras representativas da ecoloxía, medio ambiente e artesanía tradicional

O Centro de Artesanía Tradicional participa na feira do medio ambiente ”Vigonatura”

mércores, 16 mai 2001
imx227.jpg
A ligazón entre os oficios tradicionais e a explotación que estes realizaban dos recursos naturais na nosa comunidade é un ámbito de traballo que o Centro de Artesanía Tradicional xa está a desenvolver a través do viveiro forestal de especies autóctonas empregadas en cestería. Esta visión dos recursos naturais como parte substancial da artesanía tradicional promove o interese do Centro de Artesanía en participar activamente na feira de medio ambiente e ecoloxía “Vigonaura” que se celebrará entre os días 17 e 20 de maio no pavillón feiral do IFEVI en Cotogrande.

Neste ámbito de traballo, no que se reúne producción de materia prima e oficio tradicional, os alumnos da Casa do Cesteiro, que coordina o Centro de Artesanía Tradicional, realizan plantacións de vimbios de diversas especies, comparan a súa productividade e autoabastecen a escola de materia prima. Así mesmo, estase a traballar na conformación dun banco de especies forestais (carballos, castiñeiros...) que reúnan as características precisas para o traballo en cestería co obxectivo de iniciar unha plantación productiva destas nobres árbores cesteables.

A presencia do Centro de Artesanía Tradicional nas mostras expositivas desta temática persegue, así mesmo, dar a coñecer unha visión global dos oficios tradicionais e promover o fortalecimento das canles de comercialización dos seus productos.

O Centro de Artesanía Tradicional participa nesta primeira edición da feira ”Vigonatura” cun espacio expositivo de especies forestais empregadas na cestería tradicional e desenvolverá talleres participativos de cestería e barro.
Descargar todas as imaxes