Inauguración da exposición Mans Creativas
A Concellería da Muller e as vocalías da muller dos colectivos veciñais e sociais de Vigo organizan unha exposición para amosar os labores realizados ó longo do curso nas distintas actividades. A mostra permanecerá aberta na Lonxa do Concello desde hoxe ata o venres 25 de maio.
Paralelamente a esta exposición, que vai pola súa oitava edición, a Vocalía da Muller da Federación de Asociacións Veciñais ”Eduardo Chao” organiza diversos actos para os días 22 e 23 de maio, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Auditorio do Concello.
A Coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres dará unha charla con proxección de diapositivas hoxe ás 17:00 e, a partir das 19:00, a sicóloga Carmen Clavería ofrecerá unha charla sobre concienciación de xénero.
O mércores proxectarase un vídeo da primeira exposición realizada na Zona Franca de Bouzas organizada pola Concellería da Muller hai oito anos e ás 19:00 a monitora Margarita Montáns ofrecerá unha charla sobre plantas medicinais.
Descargar todas as imaxes