Escoitar

O Pleno específico do Consello Municipal da Muller conmemora o 8 de marzo

A sesión plenaria desenvolveuse este venres coa participación das entidades que conforman o Consello Municipal da Muller, un total de 15, e a intervención de sete delas que abordaron diferentes temáticas relacionadas coas mulleres.

venres, 6 mar 2020
Pleno da Corporación.
Pleno da Corporación.

A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, presidiu o pleno específico con motivo da celebración este vindeiro domingo, 8 de marzo, do Día Internacional da Muller.

Durante a sesión, Purificación Bernárdez, vicepresidenta do Consello Municipal da Muller abordou a prevención da violencia machista no ámbito educativo; Mar Iglesias, da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo alertou da violencia contra as mulleres desde as redes sociais; Ángeles Arias, da secretaría da muller de UXT disertou sobre coeducación e cidadanía; Inocencia González, da Asociación Mulleres en Igualdade falou sobre o empoderamento da muller; Rosa Chantada, da secretaría xeral da CIG abordou a prostitución; Luisa Ocampo de Mulheres Nacionalistas Galegas falou dos ventres de alugueiro e pechou a quenda de intervencións Bertila Fernández, de Foanpas, falando de corresponsabilidade.

Violeta

En posterior rolda de prensa, Abel Caballero informou de que o Concello iluminará de violeta esta fin de semana as fontes da rúa Aragón, a Praza de América e a marquesiña da Praza do Emigrante pola celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Descargar todas as imaxes