O Concello desenvolve unha nova edición da Liga de natación escolar ata maio
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, cun moi significativo ton de bo humor e a frase “á auga, patos” deu o bandeirazo de saída a unha nova edición da natación escolar viguesa.
O goberno municipal porá en marcha o vindeiro 15 de marzo a Liga Concello de Vigo, por sétimo ano consecutivo, según anunciou hoxe o edil na presentación do evento.
A competición naceu no 2014 para ofrecer aos nenos e nenas a posibilidade de acercarse á competición se necesidade de estar federado. E dende ese momento á actualidade “pola Liga teñen pasado máis de 2,000 participantes porque a proba non parou de crecer”, explicou o concelleiro, que estivo acompañado por dúas representantes do Club Natación Vigo Rías Baixas, a directiva Chiqui Navarro e a nadadora Vanesa Rodríguez.
A Liga Concello de Vigo é un evento organizado entre o Concello, o C.N. Vigo Rías Baixas e a Fundación VIDE e “pretende o fomento da natación dos escolares dos centros de ensino de Vigo”, dixo o concelleiro.
Uns 500 nenos e nenas de máis de vinte colexios, púbricos ou concertados, competirán na piscina do Carme, no complexo municipal das Travesas, en tres xornadas: 15 de marzo, 26 de abril e 24 de maio.
Dende as 9:00 horas, en dúas categorías (promesa, de 2012 a 2014, e benxamín, de 2008 a 2011), os participantes nadarán dúas probas, unha de 25 metros mixtos costas e outra de 25 metros mixtos libre, en marzo e abril. As dúas, con cronometraxe electrónica. A derradeira xornada, en maio, incluirá únicamente os 25 metros libres.
"Esta experiencia constitúe un aliciente importante e un motivo de satisfacción para os colexios da cidade e os nenos e nenas que participan no campionato”.
Vanesa, en representación do club, manifestou que “estamos moi contentos de celebrar un ano máis a liga escolar e encantados de poder fomentar o deporte base. Aínda faltan colexios por confirmar e por iso esperamos que de novo a afluencia sexa importante”.
O Colexio Apóstol Santiago (Xesuítas) é o campión das catro últimas edicións tanto polos seus resultados como polo número de nadadores inscritos.