Vigo recibe ao tataraneto de Verne, que pronunciará unha conferencia no MARCO
Da man do Concello, Jean Michel Verne chega hoxe xoves á cidade, onde ofrece ás 19:30h unha conferencia no salón de actos do MARCO, despois de visitar a exposición "Jules Verne. Os límites da imaxinación" e a escultura do escritor no Náutico. "Queremos reforzar a cultura verniana en Vigo", explicou Caballero.
Jean Michel Verne, ademais de tataraneto do autor de Nantes, é escritor e xornalista, colaborador en prestixiosas publicacións internacionais, experto no traballo de Jules Verne, autor de diversos traballos sobre a súa obra e membro da Societé Jules Verne de Francia.
Jean Michel chega a Vigo 140 anos despois de que o fixera o seu tataravó por primeira vez, data que a cidade está a conmemorar con distintos actos. O MARCO acolle a mostra "Jules Verne. Os límites da imaxinación", que ofrece contido específico da vinculación do autor francés e a cidade olívica, exposición que visitará este xoves o seu tataraneto tras facer o propio coa escultura de Verne no Náutico vigués. Posteriormente, no salón de actos do citado museo, ofrecerá unha conferencia.
O alcalde, Abel Caballero, enmarcou a visita do tataraneto do autor e "gran especialista" na obra do seu antepasado na vocación municipal de "reforzar a cultura verniana en Vigo". O rexedor indicou que "20.000 leguas de viaxe baixo dos mares" -que en parte ten lugar na cidade cun capítulo titulado "A baía de Vigo"- é a segunda obra da narrativa universal máis lida no mundo, despois do Quixote.