martes, 5 xuñ 2018
En Xunta de Goberno Local, da que informou este martes o alcalde, o goberno vigués acordou encomendar a Aqualia o proxecto de substitución das redes de fibrocemento no ámbito de San Roque – Ribadavia. Caballero puxo en valor os "centos de quilómetros" de canalizacións cambiadas no seu mandato.
martes, 5 xuñ 2018
Abel Caballero visitou este martes o instituto, tras as medidas de seguridade adoptadas polo Concello. Despois de dirimir a titularidade do vial, o goberno vigués decidiu habilitar un semáforo e beirarrúas ata a entrada ao centro. "Estamos dispostos a adicar diñeiro para garantir a seguridade dos chicos nos colexios", apuntou. <br />
martes, 5 xuñ 2018
O alcalde de Vigo avanzou este martes o seu apoio para que o estadio municipal pase a chamarse Abanca Balaídos. Así o trasladou nunha rolda de prensa na que deixou claro que o goberno local sempre validará iniciativas que sexan boas para o Celta en Vigo.
martes, 5 xuñ 2018
O alcalde de Vigo presentou este martes no Merca das Travesas a proba do circuíto municipal Run Run. "É unha gran proba con dimensión social e gran participación; ser nocturna dálle un rango distinto e especial", asegurou o rexedor.