Escoitar

Caballero, sobre o cambio de nome de Balaídos: "Todo o que favoreza ao Celta de Vigo vai ter o meu apoio"

O alcalde de Vigo avanzou este martes o seu apoio para que o estadio municipal pase a chamarse Abanca Balaídos. Así o trasladou nunha rolda de prensa na que deixou claro que o goberno local sempre validará iniciativas que sexan boas para o Celta en Vigo.

martes, 5 xuñ 2018
Abel Caballero avanzou esta mañá que "con independencia da miña opinión persoal, todo aquelo que favoreza ao Celta de Vigo e o Celta en Vigo vai ter o meu apoio porque será bo para a permanencia do clube en Vigo e será bo para a cidade". Así se referiu o rexedor ao acordo de financiamento que onte anunciaron o Celta e Abanca, unha colaboración que recollía o cambio de nome do estadio incluíndo o nome da entidade bancaria.

En declaracións aos medios, recoñeceu "botar" de menos unha chamada de cortesía por parte do clube, unha deferencia que si tivo Abanca. Caballero lembrou que, tratándose dun ben público, é o goberno local o que ten a potestade de mudar o nome e avanzou que esperará a recibir a petición formal para iniciar o expediente administrativo pertinente "porque sempre vou apoiar os prantexamentos que sexan bos para o Celta de Vigo", dixo en relación ao convenio por dez anos que onte se fixo público.

Destacou que o goberno local "sempre estivo ao lado do Celta, incluso nas épocas máis difíciles e agora apoiando a permanencia do clube na cidade, mentres que outros, como Feijóo ou o PP de Vigo, queren que se vaia a Mos".