Caballero confirma o pulo da Nocturna Correndo por Vigo, este sábado, "a proba con máis animación social do Run Run Vigo"
O alcalde de Vigo presentou este martes no Merca das Travesas a proba do circuíto municipal Run Run. "É unha gran proba con dimensión social e gran participación; ser nocturna dálle un rango distinto e especial", asegurou o rexedor.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou no mercado das Travesas a sexta edición da Nocturna Correndo por Vigo, proba atlética que por segundo ano consecutivo puntúa para o circuíto municipal Run Run Vigo de carreiras populares e que se vai a celebrar este sábado ás 22:00 horas con saída e chegada fronte ao mercado de abastos.
A carreira, nacida en 2013 e xa moi consolidada, desenvolverase polo barrio das Travesas. É o mesmo percorrido dende 2015 e está organizada polo Club de Deportes Carlosmiguel.com, o mercado das Travesas e a Asociación de Comerciantes das Travesas (Aetravi). "Apostouse moi forte pola carreira", explicou o xerente do mercado, Delmiro Hermida.
"É unha gran proba con dimensión social e gran participación; ser nocturna dálle un rango distinto e especial", asegurou o rexedor, que observou que das probas que puntúan para o circuíto Run Run Vigo "é a carreira con máis animación social".
Hoxe conclúe o prazo de inscrición e o evento alcanzou por segundo ano consecutivo o seu límite de 1.300 participantes, polo que a organización, liderada por David Posada, decidiu ampliar a cota nun cento de prazas "para os da derradeira hora". Unha hora antes da saída única para a distancia de 10.000 metros (dúas voltas ao circuíto) e de 5.000 (unha volta) correranse as distancias das categorías de formación.
Á presentación da Nocturna acudiron tamén responsables da Obra Social La Caixa e de Máis que Auga, ademais do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e de varios deportistas de Discamino, pois o evento sempre colabora con esta asociación.
No acto, o alcalde agradeceu o esforzo de todos os patrocinadores, pero especialmente os do mercado e dos comerciantes da zona, aos que ratificou o seu pleno apoio. "Temos que facer un esforzo moi importante para que ningún proxecto de centros comerciais fóra de Vigo, faga competencia ao pequeno e mediano comercio da cidade". Para o xefe do goberno municipal "o de levarse a xente para alí, fóra de Vigo, é un modelo que non compartimos e non o vou a apoiar xamais".
Por terceiro ano consecutivo serán dúas carreiras nunha (os atletas saen ao tempo) para completar 5.000 e 10.000 metros. O percorrido: saída desde o mercado das Travesas, en Florida. Paso pola Praza de América, Castelao, rúas Porriño, Baiona e Redondela, regreso a Castelao, rúa Quintela, Fotógrafo Ángel Llanos, Praza da Tellada, Darío Durán Gómez e Florida.
Descargar todas as imaxes