O goberno de Vigo aproba o proxecto para cubrir o patio do Colexio Canicouva
Tras recibir finalmente a autorización de Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia, o alcalde anunciou a aprobación do proxecto para cubrir o patio do Canicouva, en Castrelos, cun importe próximo aos 300.000 euros. Ademais, o Concello acometerá tamén as cubertas do Rocío e do Carballal.
O goberno vigués vén de aprobar o proxecto para acometer a cobertura do patio do Colexio Canicouva, en Castrelos, unha vez recibiu a autorización de Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia para facelo.
En rolda de prensa, Caballero explicou que o orzamento que reserva o Concello ao efecto roza os 300.000 euros e a obra presenza un prazo de execución de catro meses. Canicouva sumarase aos patios dos colexios nos que o goberno de Vigo actuará proximamente, como son o do Rocío e o Carballal. O alcalde recordou que a administración local tamén proxecta cubrir os patios do Pintor Laxeiro, do García Barbón e do colexio Balaídos, e conta cun listado de oito centros educativos máis que serán atendidos.
A cobertura dos patios dos colexios é unha competencia educativa correspondente ao goberno autonómico. "Tería que facelo a Xunta de Galicia pero, ante a ausencia total da Xunta nesta cidade, farémolo nós", expuxo Abel Caballero.
Parque infantil de Barreiro
Na mesma sesión da Xunta de Goberno Local, informou Caballero, o goberno vigués acordou a adxudicación das obras para o "macro parque infantil" de Barreiro, que contou cun orzamento de 200.000 euros.
Nesta materia, recordou o rexedor, o Concello ten case concluído o novo macro parque infantil de Venezuela e en breve comezarán os traballos na Praza de Independencia, Navia e Pedro Alvarado. Posteriormente, o goberno de Vigo construirá novos en Bouzas, na rúa Coruña, en Jenaro de la Fuente e en Maruja Mallo.