Presentación do libro "Arquitectas pioneras de Galicia. Ocho entrevistas"
Este xoves 7 de xuño ás 19:00h, no Centro de Documentación Feminista, presentación do libro "Arquitectas pioneras de Galicia. Ocho entrevistas" con María Carreiro e Cándido López (eds.) (Universidade da Coruña, 2017)
Esta obra recolle oito entrevistas ás primeiras mulleres dedicadas á arquitectura en Galicia, e achéganos o relato das arquitectas no seu contexto profesional e social (sen esquecer o persoal), construíndo unha historia que vai desde os anos 40 á actualidade. Xunto con cada entrevista, achégase unha breve anotación biográfica, unha fotografía e unha obra de arquitectura representativa.
Descargar todas as imaxes