O alcalde anuncia para 2019 a cuarta rebaixa do 10% no imposto de circulación para motos
Tras unha reunión este xoves cos responsables de Motópolis, Caballero recordou que o goberno que preside leva desde 2016 rebaixando esta taxa nun 10% anual. Coa anunciada para 2019, a redución deste imposto acadará o 40%. Para as motos de 125cc ou menos, a bonificación xa é do 90%, o máximo permitido por lei.
O rexedor vigués recibiu este xoves aos responsables de Motópolis, a "gran concentración" de motoristas da Garda Civil e das policías locais, autonómicas e Nacional que cada dous anos se dan cita na cidade de Vigo, que exerce de anfitrioa.
En declaracións posteriores, o alcalde detallou as medidas adoptadas polo seu goberno nos últimos anos para facilitar o uso das motos na cidade, chegando incluso a ser designada Vigo como a cidade máis segura de España para motos por parte de varias asociacións.
Abel Caballero recordou que os vehículos de dúas rodas poden agora circular polos carrís bus, contan con varias zonas adiantadas propias ante os semáforos e incluso con carrís específicos de acceso a estes espazos. O Concello tamén substituíu dous quilómetros de gardarraís para instalar aquelas biondas seguras para os motoristas.
No tocante ao estacionamento, xunto á posibilidade de estacionar nas beirarrúas sempre e cando non causen molestias, o rexedor recordou Vigo conta con máis de 1.100 aparcamentos para motos, cifra que apenas superaba as 200 á súa chegada á Alcaldía.
A nivel fiscal, o alcalde avanzou que no 2019 volverá aplicarse unha rebaixa do 10% no imposto de circulación ás motos de máis de 125cc. Será a cuarta consecutiva, deixando a redución total da taxa no 40% con respecto ao 2015. Os vehículos de cilindrada inferior aos 125cc, recordou Caballero, xa contan coa máxima bonificación permitida por lei, un 90% de rebaixa que sitúa a taxa anual nos 1,1 euros, "en suma, nada, gratis total".
Descargar todas as imaxes