Concello e Deputación financiarán a reforma de Gol, Marcador e un aparcamento de mil prazas en Balaídos
Caballero e Silva fixeron o anuncio durante a visita aos traballos de remodelación da bancada de Río do Estadio Municipal de Balaídos, onde xa se izou a primeira estrutura da nova cuberta. A adenda ao convenio será aprobada esta semana e incluirá o proxecto técnico de aparcamento e os dous fondos: "é o paso inicial para a concesión do campo de Balaídos", adiantou o alcalde.
Caballero anunciou hoxe que esta semana será aprobado pola Xunta de Goberno Local unha adenda ao convenio asinado entre o Concello e a Deputación para a reforma integral do estadio municipal de Balaídos, unha adenda na que -ademais de garantir novos asentos en todo Río Baixo- as institucións dirixidas por Abel Caballero e Carmela Silva promoven a "fase definitiva" da remodelación cos proxectos técnicos para as bancadas de Gol e Marcador e dun novo aparcamento de mil prazas.
A estacionamento, engadiu o alcalde, irá emprazado en Manuel de Castro fronte á bancada de Tribuna. "Entramos xa na fase definitiva para completar a gran reforma de Balaídos", apuntou Caballero, quen explicou que o aparcamento actuará ademais como un "factor determinante" para evitar as inundacións na zona de vestiarios do estadio.
Esta fase de tramitación dos proxectos técnicos do aparcamento, de Gol e de Marcador supón "o paso inicial para a concesión do campo de Balaídos", que incluirá o estacionamento. Caballero enfatizou o apoio da Deputación de Pontevedra e censurou que a Xunta de Galicia achega "cero euros" á Balaídos e pediu explicacións ao presidente, Alberto Núñez Feijóo.
Estrutura
Este luns quedou colocado o primeiro módulo da estrutura da cuberta da nova bancada de Río do Estadio Municipal de Balaídos e, mañá, continuarán os traballos para instalar o segundo módulo da cuberta. A próxima semana montaranse as dúas pezas dos extremos. O izado e montaxe será de forma simétrica e as planchas azuis celestes se irán instalando segundo avance a colocación da estrutura.
No relativo á iluminación, o alcalde explicou que o número total de focos no estadio será prácticamente o mesmo este xoves -cando o Celta xoga ás 21 horas- que ao final da tempada pasada.
Descargar todas as imaxes