O alcalde participou nun almorzo-coloquio sobre o futuro do sector financeiro
Abel Caballero asistiu hoxe venres ao almorzo-coloquio no que se analizou o futuro do sector financeiro en España. O conselleiro delegado do Banco Sabadell Jaime Guardiola foi o encargado de pronunciar unha conferencia que deu pé a unha posterior quenda de preguntas. Banco Sabadell e Faro de Vigo foron as entidades promotoras desta xornada.
