Escoitar

O Concello inviste 1,1 millóns en obras nos colexios da cidade

O alcalde visitou este venres o "emblemático" IES Santa Irene polo comezo do curso educativo en Secundaria, un centro que presenta un "problema de espazo" do que Caballero esixiu solución á Xunta de Galicia. O Concello inviste medio millón en obras en colexios públicos e outros 600.000 euros na cubrición de patios.

venres, 15 set 2017
1505477632irene.jpg
Abel Caballero manifestou a súa "satisfacción" este venres por visitar o IES Santa Irene -no que o alcalde estudou e examinouse desde os nove anos, segundo apuntou- por mor do comezo do curso escolar en Secundaria.

Neste "centro tan emblemático na cidade", o rexedor recordou que o edificio é municipal e foi cedido á Xunta de Galicia, administración á que instou a arranxar o "problema de espazo" que ten o Santa Irene en particular para os recreos.

Abel Caballero engadiu que o Concello de Vigo está a investir 1,1 millóns nos colexios da cidade, medio millón de euros en obras de mellora en distintos centros públicos da cidade e outros 600.000 euros á cubrición de patios.
Descargar todas as imaxes