Escoitar

O goberno municipal investirá 335.544 euros na cubrición do patio do Colexio Carballal

A Xunta de Goberno vén de aprobar o proxecto para realizar a obra, que se suma a outras dúas previstas nos colexios Virxe do Río e Canicouva. Amais o Concello deu luz verde a axudas para a promoción de mulleres, o Banco de Alimentos e a Fundación Carlos Casares por valor de 96.000 euros. <br />

venres, 8 set 2017
O alcalde adiantou que o goberno municipal está tramitando tamén a cubrición do patio de recreo dos centros Virxe do Rocío, cuxo proxecto está xa aprobado, e Canicouva que está pendente dunha autorización de Patrimonio xa que ao estar preto de Castrelos é zona de sensibilidade arqueolóxica pero "farémolo tamén".

Segundo sinalou, o Concello investirá 335.544 euros á cubrición do patio do Colexio Carballal, en Cabral, unha obra que é "competencia e obriga da Xunta de Galicia" pero que asume o Concello ao non realizala o goberno autonómico.

A Xunta de Goberno aprobou tamén a proposta do proxecto técnico das obras de humanización da rúa Abade Juan de Bastos, entre Camiño Budiño e o campo de fútbol Penedo de Moo en Matamá que teñen un importe de 87.000 euros e que se realizarán en catro semanas.

No ámbito social, a Xunta de Goberno deu luz verde á concesión de axudas da Concellería de Igualdade a 56 entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e actividades de promoción das mulleres no ano 2017 por un valor de 64.000 euros. Quedaron aprobados tamén o convenio de colaboración coa Fundación Provincial de Banco de Alimentos de Vigo para axudar ao financiamento do alugueiro do seu local para o ano 2017 por importe de 14.000 euros e ao convenio coa Fundación Carlos Casares para o desenvolvemento das actividades do Día das Letras Galegas 2017, por valor de 18.000 euros.