Escoitar

Percorrido pola obra de Camilo Nogueira no museo de Castrelos

O museo Quiñones de León, en colaboración coa Concellería de Cultura, acolle unha exposición sobre as obras máis emblemáticas da colección "Natureza, contexto e obra de Camilo Nogueira", restaurada en 2002 co gallo do XX aniversario do pasamento do artista.

luns, 17 mar 2003
A mostra contén documentación persoal, fotografías, materiais que explican o contexto de creación da obra en Vigo da década de 1940. A súa técnica de talla e, dun xeito amplo, a traxectoria e relevancia de Camilo Nogueira como autor de boa parte da escultura pública en pedra durante dos anos 1960 e 1970 de prazas, xardíns e rúas de Vigo son recollidos nesta mostra.

Ata a década de 1990, Vigo non recuperará ese ímpeto de ornamentación urbana. Entre os artistas que protagonicen a nova etapa estará un antigo alumno de Nogueira na Escola de Artes e Oficios de Vigo, Silveiro Rivas.

Unha sinxela montaxe audiovisual posibilita facer un itinerario "Camilo Nogueira" a través da cidade sen moverse da sala e tamén a través da páxina web do Concello onde tamén se dispón dunha escolma de imaxes desta exposición.

A mostra poderá verse de os luns, martes, xoves e venres de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas. Os mércores permanece aberta de 10:00 e 20:00 e os sábados de 10:00 a 13:30 horas.

O acceso á sala pode facerse directamente pola entrada lateral do predio do pazo-museo á esquerda da principal ou ben a través do museo. A entrada é libre e gratuíta, segundo aforo. Disponse de accesos e sala adaptada para persoas con mobilidade reducida.