Artello actuará esta fin de semana no Val do Fragoso e Matamá
A Asociación de Veciños Val do Fragoso e a Sociedade Cultural e Deportiva “Atlántida” de Matamá, van acoller o sábado e o domingo, respectivamente, sendas actuacións do grupo teatral Artello, que representará a súa última montaxe “Amadís de Algures”, dentro do programa Vigo a Escena, que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural.
A actuación do sábado na asociación Val do Fragoso será ás 8 da tarde, mentras que a representación do domingo, na SCD “Atlántida” de Matamá terá lugar ás 7 da tarde.
En “Amadís de Algures” (Unha de cabalerías) actúan como actores-manipuladores Rosa Hurtado e Santiago Montenegro, que se encargan tamén da posta en escena e da producción do espectáculo que tén os monicreques como protagonistas indiscutibeis.
Esta montaxe foi estreada en xullo do pasado ano, e o espectáculo está baseado no Amadís de Gaula.
Artello relátanos a historio de un bebé que, no fragor da guerra que asola Algures, é depositado nunca arca para poñelo a salvo dunha morte segura. Tras un longo periplo chega a un reino afastado, onde é acollido polo cabaleiro Gandales e a súa dona Leonora.
Dende neno a súa vitalidade provoca a admiración da xente do anquilosado país no que vive. Sendo mozo atopa no bosque á princesa Oriana, que está en situación de perigo. A partir dese momento a súa maior aspiración será ser nomeado cabaleiro. As súas fazañas, sempre en defensa dos máis febles, farán que a súa sona chegue ós lugares máis arredados, aínda que tamén serán fonte dalgún problema coa súa namorada.