A exposición "Marea negra" rende homenaxe ao labor dos fotoxornalistas
O alcalde, Lois Castrillo, e o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé María Palmeiro, inauguraron a mostra na Casa das Artes.
"Se estas imaxes da marea negra non saísen na prensa e na televisión, seguramente ninguén captaría o drama que padeceu Galicia porque contribuíron a facer comprender o desastre emocional, económico, paisaxístico e natural sobre o que algúns quixeron estender un manto de silencio", expresou o alcalde. "O Concello de Vigo ten que impulsar como cidade solidaria, libre e comprometida mostras coma esta", dixo Castrillo.
O decano do Colexio de Xornalistas afirmou que "a mostra constitúe un alento de solidariedade, compromiso e apoio aos profesionais sometidos ao denominado 'chapapote informativo' que servirá de denuncia de situacións que se deben superar".
A cidade de Vigo é a primeira urbe na que se exhibe esta exposición itinerante, aínda que un avance puido ser visto xa en Sevilla, Málaga e Barcelona. Integrada por 102 imaxes, a mostra pretende render homenaxe e recoñecemento aos xornalistas "que tiveron que afrontar situacións delicadas e mesmo apagóns informativos provocados polos que quixeron ocultar, minimizar e obstruír o tamaño dos profesionais", explicou Palmeiro.