Escoitar

O alcalde entrega a 570 estudantes os diplomas do programa Vigo en Inglés 2016

Trátase do alumnado que gozou o curso pasado dunha bolsa do programa municipal de inmersión lingüística en inglés. Abel Caballero explicou que en 2017 amplíanse a 750 o número de prazas ofertadas cun orzamento superior a 1.650.000 euros.

luns, 6 mar 2017
O alcalde entrega este luns no Auditorio Mar de Vigo os 570 diplomas ao alumnado que no curso pasado gozou dunha beca do programa "Vigo en inglés 2016" para aprender o idioma no Reino Unido. Un total de 150 estudantes de Bacharelato e 420 da ESO estudaron inglés cunha estadía de tres semanas no país.

Abel Caballero sinalou que para este curso 2017, para o que xa está aberto o prazo de solicitude, o Concello incrementa o número de prazas e o investimento neste programa "moi importante", que dispoñerá de 750 bolsas para estudantes vigueses, duplicando a oferta de 50 a 100 no caso do alumnado da Escola Oficial de Idiomas, e ten un orzamento de 1.650.000 euros.