Escoitar

O Concello apoia o transporte público á Universidade con case 1,5 millóns de euros

O alcalde trasladou esta mañá a un grupo de representantes de alumnos da Universidade a vontade do Concello de ampliar a cooperación municipal cos estudantes. Aos case millón e medio de euros para financiar o transporte dos alumnos, podería sumarse un programa de bolsas de comedor e incluso de idiomas, para que os universitarios poidan beneficiarse do Vigo en inglés.

luns, 6 mar 2017
1488808782universidad.JPG
O alcalde mantivo esta mañá un encontro con membros do Consello de Goberno da Universidade para falar, entre outros asuntos, do transporte público ao CUVI. O rexedor trasladou aos representantes dos alumnos que, segundo o convenio do transporte metropolitano asinado polo Concello, os estudantes que cheguen a Vigo en transporte interurbano poderán acceder á lanzadeira cara ao CUVI sen custo, xa que serían as arcas municipais as que asumiran este gasto. Tal e como explicou, nestes momentos, o Concello adica case un millón e medio de euros ao financiamento do transporte á Universidade, unha cifra moi "importante" que se incrementaría se a Xunta accedera a poñer en marcha o convenio do transporte metropolitano asinado, explicou.

Seguindo coas necesidades dos estudantes, Caballero avanzoulles aos delegados de alumnos que o mes que vén abrirán as 450 prazas da biblioteca do Auditorio Mar de Vigo, ás que ve van sumar en breve ás da Casa Patín -en Bouzas e outro salón en Navia. Logo de mencionar as bibliotecas Neira Vilas e a Central, insistiu no "esforzo significativo" que está a realizar o Concello neste tema e non descartou abrir unha nova sala na zona de Teis.

Outros dos asuntos abordados no encontro foi a posibilidade de que o goberno local poña en marcha un programa de bolsas de comedor e de ampliación de axudas de transporte para estudantes con baixos recursos económicos. Segundo apuntou o alcalde en posterior rolda de prensa, tamén se estudará a opción de ampliar á Universidade o plan de bolsas para estudar idiomas que está a desenvolver o Concello.
Descargar todas as imaxes