Escoitar

Visitas guiadas ao Cemiterio de Pereiró

O Concello organiza a próxima semana visitas guiadas ao Cemiterio de Pereiró co fín de dar a coñecer a arte funeraria e a historia de Vigo, actividade que forma parte do Programa municipal de turismo cultural.

venres, 21 out 2016
1477046721mapapereiro.jpg
Días 24,25,26,27,28, 29, 30 e 31 de outubro de 2016
De 19:00 a 21:30 horas.
25 prazas diarias.

Participantes: Persoas maiores de idade interesadas en coñecer a arte funerarias e a historia de Vigo.

Lugar e datas de inscrición: As inscricións realizaranse presencialmente na oficina municipal de información turística, sita en Cánovas del Castillo, 3, (Estación marítima de Ría), en horario de 10:00 a 17:00 horas, desde o vernes día 21 de outubro de 2016 ata o día anterior á realización da cada visita, en tanto haxa prazas, sábado e domingo inclusive.

Datos obrigatorios de inscrición: Nome completo. Teléfono móbil de contacto..

Condicións de inscripción:
Cada persoa só poderá inscribirse a si mesma e a un acompañante no día que escolla.
A adxudicación de prazas faise por estrito orde de solicitude. NON se habilitan listas de espera.

Máis información na web vigo.org e web turismodevigo.org, oficina municipal de información da casa do Concello, oficina municipal de turismo. Para información telefónica: 010 (desde móbil 986 810 260) e Tel 986 22 47 57 de Turismo de Vigo Correo-e: turismodevigo@vigo.org"
Descargar todas as imaxes