Vigo recibe o premio de UNICEF ás Boas Prácticas nas políticas de infancia
O rexedor informou hoxe de que a ONG das Nacións Unidas recoñece con este premio a actividade desenvolvida polo Concello nos espazos de dinamización infantil de Coia e da Casa da Xuventude nos que os cativos combinan ocio e aprendizaxe e que permiten que as familias concilien a vida familiar e laboral. <br />
O alcalde informou este xoves da concesión por parte de UNICEF do premio ás Boas Prácticas en políticas locais de infancia no oitavo certame desta convocatoria que recoñece, de forma singular, a actividade dos espazos de dinamización infantil de Coia e da Casa da Xuventude, que teñen o obxectivo de permitir a conciliación da vida laboral e familiar aos nenos de 4 a 12 anos. Destaca, amais, o éxito de permitir que a infancia compatibilice actividades de ocio con actividades educativas, sendo este un servizo que o Concello presta de forma gratuíta.
Abel Caballero engadiu que, neste ámbito, o goberno local ten asinados convenios coas asociacións veciñais de Lavadores, Coruxo e con Apamp para as súas ludotecas, nas que se atenden a 200 nenas e nenos ao día, financiadas exclusivamente polo Concello cun investimento de 180.000 euros anuais.
O rexedor puxo en valor as políticas do seu goberno en relación coa infancia, con iniciativas que favorecen a vida das cativas e cativos na cidade como é o caso dos campamentos de verán, as escolas deportivas, as bolsas de libros e comedor, as bolsas de inglés, "un proxecto único en España e seguramente tamén en Europa" apuntou, o Programa de atención á infancia ou os parques infantís que seguirán medrando coa posta en marcha da ampliación do que existe na rúa Venezuela "onde faremos un grande parque ocupando un tramo da estrada". Salientou tamén, Caballero, a concesión por parte da Asociación Española de Familias Numerosas do Selo de turismo familiar como garante da atención que atopan ao visitar Vigo.