Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 20 out 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 21 DE OUTUBRO DE DE 2016.


1.- Acta da sesión extraordinaria e urxente do 4 de outubro, ordinaria e extraordinaria e urxente do 7 de outubro e extraordinaria e urxente do 11 de outubro de 2016.

CONTRATACIÓN
2.- Clasificación de ofertas para a contratación do servizo de mantemento e conservación do Parque do Castro. Expte. 8492/446.

3.- Clasificación de ofertas para a contratación da subministración de desfibriladores semiautomáticos externos para instalacións deportivas municipais dependentes da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, así coma a formación e acreditación do persoal para o seu uso. Expte. 112/611.

EDUCACIÓN
4.- Prórroga do contrato de servizos para a xestión e transporte dos desprazamentos escolares do Programa educativo municipal "Vigo por dentro-coñece a túa cidade". Expte. 16213/332.

FESTAS
5.- Expediente de contratación do deseño e produción das carrozas para a Cabalgata de Reis 2017. Expte. 6632/335.

IGUALDADE
6.- Proposta de aceptación de renuncias ás subvencións concedidas ao abeiro do "Programa específico de subvencións da Concellería de Igualdade para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres do ano 2016". Expte. 7089/224.

POLICÍA LOCAL
7.- Dar conta da relación de expedientes de contratación de gasto menor tramitados polo Servizo da Policía Local durante o terceiro trimestre do ano 2016. Expte. 50734/212.

RECURSOS HUMANOS
8.- Aboamento de complemento de produtividade (encomenda de funcións) do 2º e 3º trimestre de 2016. Expte.28741/220.

9.- Rectificación de erro no acordo da Xunta de Goberno local de data 07/10/2016 do expediente 28642/220. Expte. 28801/220.

10.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 21 de outubro de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, na data da sinatura dixital.

O ALCALDE, Abel Caballero Álvarez

A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL, Olga Alonso Suárez.