Escoitar

O alcalde celebra que a poesía invada as rúas de Vigo co Festival Kerouac

Hoxe xoves comeza en Vigo a sexta edición deste certame, que conta coa colaboración municipal e que quere superar o concepto clásico de poesía, achegándoa as públicos máis diversos con actividades na rúa para implicar a toda a cidadanía. <br />

xoves, 20 out 2016
1476967999kerouac3.jpg
Abel Caballero participou na mañá deste xoves na Praza do Rei no acto de apertura do VI Festival Internacional Kerouac Vigo de Poesía e Performance que durante catro días vai impregnar de poesía a cidade, algo que celebrou o rexedor, poñendo en valor a capacidade da poesía para transmitir ideas, sentimentos e mesmo para dar liberdade a quen a escribe.

Coa colaboración do Concello, a sexta edición do certame medra cunha programación máis extensa -que se prolonga dende hoxe e ata o domingo día 23- e ambiciosa na que participan creadores e artistas procedentes de Galicia, do resto de España, dos Estados Unidos, China, Rusia, Croacia ou Bulgaria. Ademais queren levar a poesía a todos os públicos con accións na rúa, proxeccións nos cines, mesas redondas, actividades para nenos, recitais nos colexios e institutos e mesmo "flashmob" nos que queren implicar á cidadanía viguesa.
Descargar todas as imaxes