Escoitar

Los Cafiolos suben ó escenario do Festival Alternativo de Teatro

xoves, 20 feb 2003
O auditorio do Concello acolle o venres a terceira representación do Festival Alternativo de Teatro, no que colabora a Concellería de Festas e Animación Sociocultural. Nesta ocasión a compañía arxentina Los Cafiolos escenificará a montaxe “Punto muerto”, que será interpretada por un amplo elenco de actores.

”Punto muerto” conta unha historia na que o poder exércese a través do medo. A presió constante de sentirse observado, o temor a non face-lo correcto, a submisión ás normas establecidas, aparecen xuntas nunha estructura despótica onde a ilusión de poder escoller ten un prezo.

A compañía ”Cafiolos” naceu na noite porteña. Da monotonía escénica daqueles tempos xurdiu a idea de rompe-las formas teatrais que estaban afeitos a ver. Cafiolos foi a escusa que lles permitiu face-lo que realmente querían. Practicando unha estética crúa e grotesca, apoiada fortemente na acción o grupo coloca ó espectador no mesmo espacio onde se producen os feitos. O roxamento cos actores/personaxes presaxia unha noite sinistra, funesta, desgraciada...onde o espectador forma parte do espectáculo.