Escoitar

O Pleno aproba a retaxación do prezo da parcela destinada á ampliación do Ifevi

mércores, 19 feb 2003
O Pleno da Corporación aprobou, por unanimidade, recoñecerlle á Comunidade veciñal en man común de Cabral o dereito á retaxación do prezo xusto dunha parcela de 168.681 m2 expropiada para o servicio público do Pazo de Exposicións e Recinto Feiral.

Co fin de ceder o usufructo deste terreo ao Ifevi, decidiuse incoar o expediente de alteración da cualificación xurídica dunha propiedade municipal do inventario de bens e dereitos, situada na avenida do Aeroporto, para a súa desafectación ao servicio público ao que está destinada.

Aprobáronse tamén os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas económico-administrativas que rexerán o contrato de compravenda para o alleamento en poxa pública á alza da parcela edificable municipal no Peri 4 Barreiro 2 para a construcción de 100 vivendas de protección autonómica.