Unha comisión desenvolverá accións concretas do plan de dinamización proposto trala marea negra
A Corporación aprobou, por unanimidade, que se constitúa unha comisión especial co obxecto de inserir Vigo e a súa área no Plan Galicia. Esta comisión adoptará como liña orientativa dos seus traballos as propostas do documento de avance do Plan Estratéxico de Vigo e as suxestións destinadas ao desenvolvemento industrial e comercial, rexeneración ambiental, investigación, fomento do emprego e turismo. Ademais, convocarase ao Consello Económico e Social e remitiráselle este acordo á Xunta de Galicia e Goberno central.
Entre as propostas para a área de Vigo están, no ámbito das accións de desenvolvemento industrial, a creación de tres polígonos industriais e reubicación de empresas (31 millóns de euros), un plan especial para o desenvolvemento da industria de transformación pesqueira (63 millóns de euros), a creación dun polígono industrial de tecnoloxías alimentarias relacionadas coa acuicultura (1,5 millóns de euros), construcción dun centro de biotecnoloxía mariña (0,4 millóns de euros) e novas liñas financeiras de apoio á empresa (110 millóns de euros).
Nas accións de rexeneración ambiental figuran unha actuación integral en todo o bordo litoral (70 millóns de euros) e un plan de rexeneración do parque das Illas Atlánticas (30 millóns de euros).
A construcción dun centro de I+D especializado en tecnoloxías marítimas de construcción naval (6 millóns de euros), que tamén será reclamado polo Pleno da Corporación, e o investimento de 2,4 millóns de euros en liñas de investigación universitaria son accións propostas de investigación e desenvolvemento. A isto súmase que a necesidade de construcción dun buque de investigación oceanográfica teña a súa sede e centro de asistencia en Vigo.
Entre as accións para a sociedade do benestar figura un plan de acceso a internet (2 millóns de euros) e un plan de fomento do emprego (40 millóns de euros). As propostas inclúen tamén un plan de dinamización comercial e de mercados (15 millóns de euros) e outro de desenvolvemento turístico (5 millóns de euros).