Xuventude organizará actividades de Noites Vivas na Cidade Universitaria
O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, e o vicerrector de Extensión universitaria, Óscar Rubiños, presentaron un convenio cunha contía de 8.000 euros para desenvolver o programa Noites Vivas no campus universitario e preparar a feira Universitúa. ”Isto fomentará a realización de actividades de lecer no ámbito educativo, deportes, obradoiros, programas de información e debate no campus á vez que achegará os futuros estudiantes ás instalacións universitarias”, destacou Domínguez.
O concelleiro expresou a necesidade de que a política xuvenil do Concello tivese contrapartida naquela entidade onde participan, conviven e se forman os mozos como é a Universidade. ”Centrouse o esforzo en que os universitarios participen en foros de opinión e investigación na feira Universitúa”, na que as asociacións xuvenís organizan eventos para os estudiantes. Na primeira edición de Universitúa participaron máis de 1.000 persoas e houbo 200 actividades educativas e de lecer.
Domínguez anunciou que a mediados de marzo comezará o programa Noites Vivas na Cidade Universitaria, co fin de que os futuros estudiantes coñezan e utilicen as súas instalacións. Comezará un ”Vigo en xogo” nocturno con transporte especial para o traslado dos participantes.
O vicerrector Óscar Rubiños destacou que con este proxecto ”se confía nos mozos que precisan de oportunidades para se converter en persoas comprometidas”. Con este convenio cédenselle as instalacións deportivas, culturais e de lecer da Cidade Universitaria a toda a sociedade viguesa.