O Gabinete de Accesibilidade aproba a tramitación dun convenio para obras en varias rúas
O Gabinete de Técnico de Accesibilidade acordou asinar un novo convenio co Imserso e a Fundación ONCE para realizar obras de accesibilidade no edificio do Concello, entorno da praza de Portugal e Hospital Xeral. O presuposto das obras ascendería a 783.000 euros.
O Gabinete que se reuniu esta mañá decidiu solicitar subvencións para a xestión das dúas licencias de taxi adaptado cos que contará a cidade e a celebración da campaña ”De boa man” os días 7 e 8 de maio. A campaña consiste na exposición e venda de productos realizados por persoas discapacitadas, que se celebrará na rúa Príncipe, en colaboración coa Obra Social de Caixagalicia e a Asociación de Comerciantes de Príncipe.
Os colectivos do Gabinete están a traballar nas propostas para esta ano declarado cono ”Ano Internacional das Persoas con discapacidade”.
O Gabinete está formado polos concelleiros de Benestar Social, Vías e Obras, Parques e Xardíns, Urbanismo e Tráfico, técnicos municipais destas concellerías e representantes de 21 asociacións de discapacitados.
Descargar todas as imaxes