Escoitar

A feira do deporte estará en Vigo a finais de mes

martes, 18 feb 2003
imx2344.jpg
Un total de 33 deportes estarán representados na feira Sportalya que se celebra en Cotogrande os días 27 e 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo, que organiza a empresa Noresport e conta coa colaboración da concellería de Deportes. Actividades de deportes acuáticos, de precisión, de combate, de equipo, e de natureza poderanse disfrutar polo visitantes durante os catro días que dure a feira.

Na disciplina de deportes acuáticos estará presente o surf, a natación, esquí naútico, actividades subacuáticas, motonáutica e vela. En deportes de precisión os afecionados poderán atopar o golf, petanca ,chave, bolos, tiro con arco e olímpico. Os deportes de combate que estarán na feira son boxeo, judo, karate, loita, esgrima e taekwondo.

O balonman e baloncesto compartirán escenario con outros deportes de equipo como o béisbol, jockey ou voley praia. Os deportes da natureza ademais de numerosas actividades de ocio convertirán á feira nun centro multicisplinar para a difusión deportiva.

Os organizadores e o Concello porán en marcha un sistema de visitas planificadas para os centros escolares.
Descargar todas as imaxes