Escoitar

O programa ”Mar á vista” incidirá na educación ambiental dos escolares vigueses trala marea negra

luns, 17 feb 2003
imx2340.jpg
Recollida de fuel
As concellerías de Educación e Medio Ambiente colaboran no programa ”Mar á vista” dirixido a nenos de 5º e 6º de primaria co fin de sensibilizalos no coñecemento, respecto e protección dos valores naturais e patrimoniais do medio mariño. A apertura das actividades será o martes 18 de febreiro ás 11:30 no Museo do Mar.

O programa, desenvolvido polo Cabildo de Tenerife, xunto coa Delegación de Medio Ambiente de La Laguna, está destinado a colaborar na recuperación do mar e da costa galega tralo desastre do ”Prestige” mediante unha intervención educativa nos escolares.

As actividades parten dunha metodoloxía de acción participativa a través da realización de obradoiros. Os nenos visitarán unha ludoteca, obradoiros sobre residuos e lixo, de nós mariños, de xestión artística dos restos do mar, de fisonomía e fisioloxía animal e outro sobre mareas negras. Ademais, cóntase cunha biblioteca na que se poden consultar libros sobre ecosistemas canarios e galegos, literatura con referencias ao mar...

Estas actividades desenvolveranse do 18 ao 28 de febreiro de 10:30 a 13:00 no Museo do Mar.
Descargar todas as imaxes