Novo curso para as organizacións non lucrativas
O Plan de Formación para ONLs da Concellería de Participación Cidadá organiza un novo curso dirixido ás persoas socias, colaboradoras ou asalariadas das asociacións do municipio e a todas aquelas que estean interesadas neste sector non lucrativo. Plan para as Organización Non Lucrativas (ONLs) 2002-2003, ó abeiro do Primeiro Plan de Participación Cidadá pretende capacitar a directivos e voluntarios na administración e dirección de colectivos.
Trátase do curso de ‘Xestión e organización de proxectos en entidades non lucrativas’, no que se abordarán metodoloxías e ferramentas concretas para cada unha das fases da xestión dun proxecto asociativo.
O curso, cunha duración de 35 horas, será impartido por docentes especializados nestas entidades non lucrativas e se desenvolverá con metodoloxías prácticas e participativas, que favorezan a aplicación dos coñecementos adquiridos á realidade concreta de cada asociación participante.
O lugar onde se impartirá é o Centro de Servicios Sociocomunitarios do Casco Vello, que acollerá a primeira xornada do curso o día 24 de febreiro, para continuar todos os luns e mércores ata o 2 de abril. O horario das clases é de 18 a 21 horas.
As persoas interesadas en inscribirse ou obter máis información poden facelo a través do teléfono 986 126 010.