O Marco crea sinerxias
Os deseñadores-modistos de “La Canalla” de Vigo, Patricia e Francisco Soto, e Amalia Collazo, amosaron moi satisfeitos polo éxito dos seus modelos na feria internacional ARCO 2003. Os tres entraron en contacto con Rosina Gómez Baeza, directora de Arco, a raíz da visita desta última á inauguración de MARCO o pasado mes de novembro. Seguindo as indicacións da directora do museo, dirixiuse á tenda de “La Canalla” que teñen en Vigo, onde puido comprobar sobre o terreo a orixinalidade das súas propostas e deseños.
O resultado foi o encargo das prendas que visten os becarios da sección “La Palabra Escrita” en Arco 2003, así como do regalo para a prensa internacional na presentación da feria. Gracias a este traballo, “La Canalla” figurará no catálogo, revista e páxina web de Arco 2003.
A directora do MARCO, Carlota Álvarez, e os autores do vestuario están satisfeitos de que, una vez máis, as actividades do museo teñan servido como punto de contacto e vehículo para a difusión da cidade e dos seus creadores máis aló das nosas fronteiras.
Nesta edición de Arco o MARCO comparte stand co Artium de Vitoria e o Centro José Guerrero de Granada. Os responsables dos tres centros teñen posto en marcha un modelo de colaboración e xestión entre institucións museísticas, pioneiro en España. Xuntos asistían ó cóctel inaugural ofrecido onte pola organización de Arco en Madrid.