A Galicia do ano 1956 amósase nunha exposición de fotografías
”Ramón Dimas. As fotografías de Galicia” é o título da exposición que acolle a Casa Galega da Cultura dende o día 13 de febreiro ata o 2 de marzo e que inaugura o xoves o concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe. 80 imaxes compoñen a mostra dese fotógrafo catalán realizadas en Galicia no ano 1956 por encargo dunha editorial na que amosa unha paisaxe, aínda aquelada pola posguerra, fortemente ruralizada.
Trátase dunha importante colección de fotografías, con copias únicas xa que non se conservan os negativos, cunha fonda impronta da personalidade dun autor, que nun curto espacio de tempo foi capaz de plasmar a relidade galega cunha plasticidade e elegancia admirables.
O fotógrafo
Nacido en Cataluña, no seo dunha familia campesiña, Ramon Dimas (El Pont d´Armentera, 1919-Santes Creus, 1965) integrou, xunto con Francesc Català-Roca e Eugeni Forcano, a xeración de fotógrafos cataláns de posguerra que se refuxiados nos semanarios gráficos para dearrollar su labor fotográfica, illados da prensa diaria, que só ilustraba as novas do rexime.
Dimas empezou a traballar para a revista ”Destino” a mediados dos corenta, e anos máis tarde se especializou na fotografía de deportes no semanario ”Vida Deportiva”, revista dedicada case integramente ao fútbol, creada por Josep Vergés, o propietario de ”Destino” e da coñecida editorial do mesmo nome.
A sona de Dimas non se limitou ó mundo do deporte e axiña as súas fotografías se deron a coñecer por diferentes lugares de España gracias ós sucesivos encargos de Editorial Destino para a súa colección de guías. Froito deses traballos son as guías de diferentes comunidades como Valencia, con texto de Joan Fuster, El País Vasco, con texto de Pío Baroja, Cataluña, con Joseph Pla e Galicia con Carlos Martínez Barbeito.
Descargar todas as imaxes