Normalización Lingüística organiza dous programas a partir dos datos do estudio sociolingüístico
A concelleira de Normalización Lingüística, Carme Corbalán, presentou un programa de obradoiros que principiará nas asociacións de Coia e unha proposta sobre cursos de comunicación oral para o persoal do Concello de Vigo.
Os cursos impartiranse en Coia, en colaboración con Rueiro e Dorna, en oito sesións de dúas horas. O programa deseñouse a partir da revisión do estudio sociolingüístico encargado á Universidade de Vigo, que centrou as novas investigacións a partir de variables zonais, de idade ou sexo dos enquisados. Descríbese Coia como unha zona con características específicas debido á migración, alta densidade de poboación nova, amplo tecido asociativo e carácter urbano, polo que foi seleccionada para impartir esta experiencia piloto desenvolvida pola cooperativa Tagen Ata.
Segundo o estudio sociolingüístico, en Coia supérase a media do uso do galego con respecto á outras zonas urbanas da cidade, debido a que boa parte dos seus habitantes aprenderon galego na escola, e a que é a lingua da familia con máis frecuencia que noutros lugares. O Servicio de Normalización Lingüística realizara con anterioridade obradoiros de auga doce que obtiveron unha grande aceptación en Coia, ao tempo que se celebraron actividades de dinamización en centros escolares e institutos.
Paula Trigo, da cooperativa Tagen Ata, explicou que se pretende a dinamización lingüística a través das asociacións por seren as máis próximas aos cidadáns. Quérese que os asistentes comecen a usar o galego como lingua cotiá mediante a adquisición dun compromiso necesario para a normalización. Considera Trigo que só o uso efectivo da lingua galega na oralidade servirá de transmisión xeracional.
Administración
O Servicio de Normalización Lingüística realizará unha proposta para a Comisión de formación do persoal que pretende aumentar e mellorar o uso oral do galego nas comunicacións dos traballadores do Concello de Vigo. Isto compleméntase coa adquisición de competencia lingüística no galego escrito se se atenden as necesidades propias dos distintos postos de traballo.
Corbalán afirmou que das enquisas realizadas se deduce que a cidadanía lle esixe ao Concello medidas para fomentar o uso do galego. Nun estudio de 2002 sobre a política e planificación lingüística do Concello apunta a un cambio en canto aos usos oral e escrito. O 67% do persoal di utilizar o galego na comunicación escrita fronte a un 34% que o usa na comunicación oral, contando aqueles que din adaptárense á lingua de expresión do comunicante.
Só o 14,7% do persoal entrevistado usa o galego nas comunicacións internas fronte ao 30% que usa o castelán. O resto di utilizar a lingua da persoa con quen conversa que, ao seren a maioría castelán, fai que esta lingua estea moito máis presente.
Descargar todas as imaxes