Escoitar

A Casa do Cesteiro reinicia as súas actividades de formación

venres, 14 feb 2003
O programa formativo de cestería tradicional impártese de forma simultánea nos niveis de iniciación, técnicas tradicionais e especialización. Os interesados en inscribirse deben achegar unha solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, acompañada de currículo vitae debidamente acreditado. Cada aspirante poderá inscribirse nun ou máis niveis formativos.

Os cursos son gratuítos e impártense en horario de 9:00 a 14:00 horas nos locais da Casa do Cesteiro (rúa Real, 10). O modelo de solicitude e os criterios que rexen o procedemento de selección poderán recollerse no Rexistro Xeral ou na Casa do Cesteiro. Ofrécese máis información nos teléfonos 986-224003 e 810282 ou no correo electrónico ofi.pathis@vigo.org

MÁIS INFORMACIÓN