Escoitar

O Valedor do Cidadán presenta o informe de xestión

martes, 18 feb 2003
O Valedor do Cidadán, Luís Espada Recarey, preséntalle o informe anual de xestión á Corporación municipal no transcurso dun pleno extraordinario que se celebra o 19 de febreiro. Será o primeiro informe do Valedor trala súa toma de posesión no mes de xuño pasado.

As competencias do Valedor do Cidadán esténdese á Administración municipal do Concello de Vigo, aos seus organismos autónomos, empresas e demais entes públicos que dela dependan ou que nela participen, aínda que esta sexa minoritaria: aos servicios xestionados mediante concesión administrativa e, en xeral, calquera organismo ou entidade pública ou privada, que realice funcións de servicio público e se atope suxeita a calquera tipo de tutela naquilo no que afecte ás materias integradas na competencia da Administración Municipal de Vigo.

Quedan excluídos da competencia do Valedor do Cidadán a Administración periférica do Estado e da Xunta de Galicia no municipio de Vigo e os organismos autónomos, empresas públicas ou que participen ou concesionarias de servicios públicos da Administración do Estado e da Xunta de Galicia: a Administración de Xustiza: tódalas cuestións de persoal ou que estean sometidas a procedementos xurisdiccionais e as funcións de control político da actividade municipal.