”Non fiques coa lingua de fóra” é o lema do Correlingua 2001 que partirá o martes 8 de maio de Castrelos
O vindeiro 8 de maio na cidade de Vigo vai comezar o Correlingua 2001, carreira sen carácter competitivo que ten como fin implicar os escolares galegos no orgullo de defender o idioma. En Castrelos estarán escritores como Fran Alonso e deportistas como Pablo Coira e Pablo González Couñago para participaren no evento.
O Correlingua, que dalgún xeito recupera a tradición da Carreira Popular en Defensa do Idioma, víñase convocando en diferentes cidades, mais esta é a primeira vez que ten dimensión nacional. Rematará en Santiago para asistir á manifestación convocada con motivo do Día das Letras Galegas que demandará o cumplimento rigoroso da Lei de Normalización nos centros de ensino. Esta manifestación conta co apoio expreso do Pleno da Corporación do Concello de Vigo.
Itinerario nacional da Marcha pola Lingua:
Día 8 Vigo e Ponteareas / 9 Ourense / 10 A Coruña / 11 O Ferrol, Tui, Oia e Guillarei / 14 Pontevedra / 15 Lugo / 16 Compostela.
Os participantes a título individual poderán recoller os dorsais no mesmo día antes da Marcha.
Descargar todas as imaxes