Escolares de Vigo realizarán visitas didácticas ó porto
A concelleira de Educación, Ana Gandón e o presidente da Autoridade Portuaria, Julio Pedrosa, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento de visitas didácticas para escolares ás instalacións do Porto de Vigo . As visitas están enmarcadas no programa educativo “ Vigo por dentro” que organiza a Concellería de Educación.
Esta actividade está dirixida ós niveis educativos de ensino primario, secundario e secundario post-obrigatorio, é dicir, dos 6 ós 17 anos, dos centros de ensino públicos e privados concertados , ubicados no termo municipal de Vigo.
As visitas terán dous itineraios formativos: o porto pesqueiro e o porto comercial. No porto pesqueiro os escolares coñecerán o peirao de baixura, zona de descarga, zona de atraque, clasificación e dotación dos barcos, reparación das redes, lonxa e poxa do peixe, almacéns de venda e empaquetado, limpeza e preparación do peixe, fábrica de xeo, camións frigoríficos. No porto comercial ensinarase a dársena de Bouzas, conxeladores, redeiros, Zona Franca Citroën, beiramar, estación marítima, peirao comercial de Guixar.
A concelleira de Educación, Ana Gandón, manifestou no decurso da sinatura do convenio que “ a nosa cidade é unha fonte privilexiada de recursos educativos, un lugar para aprender, que amosa elementos para indagar, descubrir, investigar, por isto, coñece-la realidade de Vigo é imprescindible para os nosos e nosas escolares, xa que ese é o mellor escenario didáctico para investigar o que se vive”.
O programa educativo “ Vigo por dentro” posibilita coñecer a cidade mediante a realización de itinerarios formativos que discorren fisicamente pola propia urbe. O obxectivo é potenciar a idea dunha cidade educativa, que desexa achegar o alumnado á realidade de xeito activo, tanto a nivel territorial, como socieconómico, medioambiental, cultural, artístico e histórico.
Descargar todas as imaxes