Escoitar

A Comisión de Normalización Lingüística reúnese para organizar os actos do Día das Letras Galegas

mércores, 2 mai 2001


A Comisión Cidadá de Normalización Lingüística reúnese o xoves para analizar e debater sobre as actuacións que ao redor do Día das Letras Galegas se levarán e cara a artellar un plan de normalización lingüística para a nosa cidade.

A programación anual do Servicio de Normalización Lingüística, que este ano está centrada na poboación infantil e xuvenil, e no comercio vigués, será outro dos eixos de traballo.

A Comisión Cidadá de Normalización Lingüística está integrada por asociacións, institucións que desenvolven accións en distintos ámbitos a prol da normalización da lingua galega e de representantes dos partidos políticos da Corporación


ORDE DO DÍA:

1.- Lectura e aprobación da acta da reunión anterior
2.- Presentación dun novo membro da CCNL: a Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística
3.- Actividades ao redor do 17 de maio:
- Correlingua 2001
- O galego no ensino, materia pendente
4.- Programa de actuación do SNL para este ano 2001.
5.- Avance dos traballos cara á un plan de normalización lingüística
6.- Informe sobre o estudio do galego no Concello de Vigo