Vigo acolle esta noite a preestrea de ”Lena”
O director do filme, Gonzalo Tapia, explicou que percorreu Vigo durante mes e medio para adaptar o guión ás localizacións finais, co propósito de facer unha película moi enraizada na cidade pero cun sentido universal na historia que se conta. ”Trátase dunha homenaxe á cidade”, dixo.
A actriz Marta Larralde asegurou estar contenta de que a estrea se realice en Vigo, xa que a película ten a cidade como protagonista. O actor Manuel Manquiña indicou que a historia se pode dar en calquera cidade. A protagonista, Lena, a pesar das dificultades, vence os escenarios do círculo de amistades, do contorno familiar e da atracción pola facilidade de gañar diñeiro rápido. ”A reconversión industrial que padeceu Vigo tamén provocou caos familiares semellantes”, sinalou Manquiña. Antón Reixa, pola súa parte, afirmou que o sistema artesanal de distribución de drogas aparece como pano de fondo para contar unha historia moi humana, en clave cotiá.
Reixa, un dos cinco productores do filme, cualificou de intelixente a aportación de institucións como o Concello de Vigo ou a Consellería da Cultura da Xunta de Galicia, que apoiaron a rodaxe xunto coa TVG. ”Emocióname ver Vigo en 35 mm”, dixo Reixa, ”é o momento de que se entere o mundo de quén somos e de ónde estamos”. Con este filme, constátase que en Galicia hai talento profesional e esforzo institucional, concluiu.
Descargar todas as imaxes