Concello e Xunta asinan o proxecto constructivo do tren lixeiro de Vigo
O concelleiro de Novos Proxectos, Carlos Príncipe e o conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuiña asinanon hoxe o convenio de colaboración para a realización do proxecto constructivo do tren lixeiro de Vigo, no marco do estudio de viabilidade. A financiación do proxecto ascende a 150 millóns de pesetas.
O proxecto constructivo permitirá detallar as obras que se deben levar a cabo como a definición completa da obra civil, a electrificación e sinalización.
O estudio da obra civil deberá definir tódolos trazados, elección do tipo de sección a utilizar para cada rúa, emprazamento e características de deseño arquitectónico-funcional das paradas, estudios xeotécnicos, deseño de obras singulares, semaforización e sinalización viaria. Tamén deberá dar resposta a tódalas interferencias que durante as obras se puideran ocasionar tanto ó tráfico rodado como peatonal.
O tren lixeiro, considerado como transporte dunha capacidade media, reúne tódalas características necesarias para axeitarse ó esquema urbanístico dunha cidade como Vigo, resolvendo os problemas de tráfico que se producen naquelas zonas de maior xeración-atracción de viaxes ( zonas comerciais, zonas de negocios, zonas de maior densidade de poboación)
O tren lixeiro de Vigo establécese en tres tramos. Tramo Circular: Estación FF.CC.-Gran Vía- Praza de España- Gran Vía-Praza de América- Coruña- Beiramar-Colón-Urzáiz- Estación FF.CC. Tramo Estación do FF.CC-Praia de Samil: Estación FF.CC-Gran Vía- Venezuela- Camelias- Praza de América- Castelao- Samil. Tramo Beiramar-Bouzas.