Escoitar

Presentación de ”A historia de Lena”

luns, 30 abr 2001
imx172.jpg
A preestrea de ”A historia de Lena”, dirixida por Gonzalo Tapia, será o mércores 2 de maio, ás 23:00 horas, no cine Fraga. Este filme rodado en Vigo conta co apoio da Concellería de Cultura.

”Plantexeime a película como unha historia de ambiente portuario. Os portos parécenme fascinantes: danlles ás poboacións xunto as que se desenvolven un aire cosmopolita e aberto”, explicou o director e guionista Gonzalo Tapia. ”Ós portos chegan persoas de toda índole que enriquecen co seu paso as cidades: viaxeiros desarraigados, mariños, turistas... Iso pásalle a Vigo, unha urbe creada polos estaleiros e comerciantes do século XIX, lugar de partida cara América”.

Desde o punto de vista formal, a intención do director foi facer un filme sinxelo, lineal, realista e sincero. Quería retratar algúns dos personaxes que coñeceu ó medrar, tamén el, a carón dun porto. As localizacións, os diálogos, utilizar actores locais e, sobre todo, o traballo de cámara ían sempre dirixidos á busca da naturalidade. Neste sentido, o traballo do director de fotografía Carles Gusi mantén un aire documental que achega o espectador ós protagonistas e ó seu ambiente.

Ficha técnica:

Director Gonzalo Tapia

Productora executiva Piluca Baquero

Guión Gonzalo Tapia, Antonio Trashorras e David Muñoz

Productores Piluca Baquero, Elena Manrique, Enrique González Macho, José Maceda e Antón Reixa

Director de fotografía Carles Gusi

Director artístico Julio Torrecilla

Director de producción Diego Mas Trelles

Son Francisco Veloso, Pelayo Gutiérrez, Jaime Fernández

Música José Carlos Mac

Montador Ángel Hernández Zoido

Xefe de producción Txepe Lara

Figurinista Carlos Díez

Maquillaxe Lola López

Perruquería Icíar Arrieta

-------------
Color - 35 mm
Formato de proxección: 1:1,85
Metraxe: 2.970 m
Ano de producción: 2001
Nacionalidade: España
Duración: 1h 48 min
Versión: en castelán e en galego

Descargar todas as imaxes