Máis de 300 profesionais da sanidade participaron na campaña de información sobre alcoholismo
A repercusión da campaña celebrada con motivo do Día Mundial da Saúde constata a participación, en Vigo, de 17 centros de saúde e 312 médicos e enfermeiros. Arredor de 11.850 persoas recibiron información nesa xornada sobre o alcoholismo.
A Concellería de Benestar Social, por medio dos técnicos da unidade de alcoholismo Asvidal, uniuse á campaña celebrada pola Organización Mundial da Saúde o pasado 6 de abril. Co lema ”Si á atención, non á exclusión” intentouse concienciar a opinión pública e as administracións da necesidade de incorporar máis e mellores servicios para a atención dos problemas de saúde mental.
As últimas enquisas epidemiolóxicas elaboradas polo Plan de Galicia sobre Drogas sinalan que o 6,5% da poboación galega é bebedora abusiva, é dicir, consome unha botella de 3/4 de litro de viño diaria. Desta porcentaxe, o 2,3% son bebedores de fin de semana e o 3,5% restante son bebedores diarios, o que representa un total de 163.000 persoas.
A maior cantidade de consumo de alcohol en días laborables prodúcese entre a poboación de 25 a 39 anos, mentres que as fines de semana a maior inxesta obsérvase entre a poboación de 19 a 25 anos.
Unha prevalencia deste tipo (6,5% da poboación galega) considérase moi alta en calquera enfermidade, pero no caso do alcoholismo esta situación vese agravada debido a tódolos achegados do afectado que padecen os efectos derivados do consumo abusivo.
A campaña deseñouse para realizarse nunha xornada concreta, o 6 de abril, coa distribución dun folleto informativo a cada paciente facendo unha breve referencia ó tema. Buscouse a implicación dos profesionais sanitarios de atención primaria da área de Vigo por estaren situados en primeira liña en canto á educación para a saúde.