O Pleno aproba os traballos de redacción do PXOU
O Pleno da Corporación aprobou o texto do convenio entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Vigo para financiar os traballos da redacción do novo do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo, que suporá unha aportación do cincuenta por cento do custe, cun máximo de 100 millóns de pesetas. Tamén aprobou a contratación da consultoría e asistencia técnica para redactar a revisión e adaptación do Plan cun presuposto de 200 millóns.
Ó inicio da sesión plenaria tomou posesión como concelleiro do Grupo Municipal Popular, Manuel Novoa Álvarez, en substitución de Horacio Gómez, e tamén se deu conta da renuncia de Juan Corral como concelleiro da Corporación municipal.
Vigo presentará a solicitude de ingreso na Conferencia das Cidades do Arco Atlántico do ano 2001 que se constituirá no mes de xullo nunha asemblea en Porto. A Conferencia xurde co obxectivo de formar un grupo de presión que actúe como interlocutor ante a Unión Europea á hora de reclamar financiamento para programas estructurais de ámbito supraestatal que afecten directamente ás cidades integrantes.
O Pleno aprobou o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Vigo para a construcción do conservatorio de música de grao elemental e medio na zona de A Florida, entre as rúas Fotógrafos Sarabia e Fotógrafo Felipe Prósperi.
A Corporación aprobou o proxecto de convenio entre o Concello e o Club “ Rápido de Bouzas” e a modificación das porcentaxes do gasto para a contratación das obras de construcción do polideportivo de Bouzas.
O Pleno acordou aceptar a cesión gratuíta efectuada pola Xunta veciñal da Entidade Local Menor de Bembrive, dun terreo de 7.700 m2 de superficie, sito no Monte Areeiro para a construcción dun centro da Terceira Idade. Tamén acordouse aprobar inicialmente o proxecto de ampliación de saneamento na parroquia de Coruxo con presuposto total de inversión de 234 millóns de pesetas e un prazo de execución de oito meses.
No apartado de mociones aprobouse unha do Grupo Popular sobre utilización do Programa Municipal de Emprego para contratación de persoal de reforzo no servicio de limpeza de praias A esta moción engadíuse unha proposta do concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, instando á Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude para que o Concello de Vigo reciba a subvención que lle corresponde, por número de desempregados, necesidades plantexadas e capacidade de xestión demostrada, a cantidade que obxectivamente lle corresponde con cargo ó presuposto xestionado na provincia de Pontevedra no programa de Cooperación Xunta-Concellos para a contratación de desempregados/as destinados a realizar obras e servicios de interese xeral e social.
Descargar todas as imaxes