O alcalde de Vigo informa aos membros do CES sobre as demandas de infraestructuras que o Concello lle vai presentar a Fomento
O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, presentoulle un informe ao Consello Económico e Social da cidade sobre a situación dos proxectos de infraestructuras que deben executar na cidade as administracións central e autonómica. Nese informe explícanse cales foron as xestións realizadas polo Concello ata agora e cal é o estado de tramitación de cada un dos proxectos.
Un dos principais proxectos pendentes de execución é o do “segundo cinto de circunvalación”. O Ministerio de Fomento comprometeuse a presentar en marzo o proxecto do trazado deste vial para que puidese comezar o procedemento expropiatorio. O alcalde entrevistarase o venres, día 27, en Madrid co secretario xeral de Infraestructuras para coñecer se o Ministerio dispón xa do proxecto.
Outro dos asuntos que Lois Castrillo lle trasladará ao representante do Ministerio de Fomento é a posibilidade de construír unha conexión da autoestrada co barrio de Teis. Dese xeito convertiríase o último treito da A-9 en vial urbano, o que permitiría desconxestionar o tráfico de Sanjurjo Badía e da Travesía de Vigo. No encontro do vindeiro venres o alcalde falará tamén co secretario de Infraestructuras do Plan Director do Aeroporto e dos estudios para implantar en Vigo a rede de alta velocidade ferroviaria.
Lois Castrillo informoulle aos integrantes do CES do estado de execución do convenio asinado coa Consellería de Política Territorial para realizar diversas obras de infraestructuras en Vigo. Nestes momentos xa foron adxudicados os traballos de construcción da rotonda de Saiáns. Ademais reformouse o proxecto de acondicionamento da vella estrada de Madrid para adaptalo ás previsións do Pxou e para introducir diversas melloras. Esta obra está sendo adxudicada por treitos.