Escoitar

O Pavillón de Coia acolle o Campionato Galego de Balonmán Cadete

martes, 24 abr 2001
imx148.jpg
A Agrupación Deportiva Seis do Nadal organiza, xunto coa Federación Galega de Balonmán, o Campionato Galego de Balonmán Cadete, un torneo no que participarán perto de 150 deportistas de 14 e 15 anos pertencentes ós oito mellores equipos de Galicia na súa categoría.

A fase final xogarase do 26 ó 29 de abril no Pavillón de Coia.

A Agrupación Deportiva Seis do Nadal reúne as seccións de baloncesto e balonmán. Conta con máis de 300 deportistas adscritos ás distintas categorías e no deporte base xa conseguiu gañar varios campionatos provinciais e galegos. Esta agrupación colabora co Instituto Municipal dos Deportes na organización das Escolas Deportivas Muncipais.
Descargar todas as imaxes