O X Salón Automóbil afiánzase entre os certames de motor máis importantes de España
A cidade de Vigo converterase na capital do motor, entre o 28 de abril e o 6 de maio, cando o Recinto Feiral de Cotogrande acolla a celebración do X Salón do Automóbil. Neste certame presentaranse as últimas novidades do sector da automoción no mercado español.
O Salón contará coa presencia do prestixioso deseñador e carroceiro italiano Pininfarina e cunha nova edición do Rallye Kärcher, proba puntuable para o campionato nacional de terra.
Pininfarina presentará, por vez primeira en España, unha mostra da súa obra máis recente constituída por catro prototipos de última xeración.
O X Salón do Automóbil de Vigo permitirá reunir as principais firmas automobilísticas con presencia no mercado español. Sobre unha superficie de exposición de 23.000 metros cadrados, o certame contará coas novidades do sector da automoción, desde vehículos ata complementos e, nesta edición, inclúense motos coa presencia das últimas propostas de catro casas comerciais.
O principal obxectivo deste certame é facilitarlle ó público interesado no motor un único e amplo escaparate no que poida encontrar os productos máis representativos do sector da automoción. Perséguese dar a coñecer as características técnicas dos automóbiles e complementos que veñen de saír ó mercado ou que o farán nos vindeiros meses, permitindo que os visitantes poidan compararen as prestacións e cualidades dos productos nun mesmo espacio.
O voto do público determinará os vehículos que recibirán as súas distincións nas categorías de ”Automóbil do Ano en Galicia”, ”Deportivo do Ano”, ”Todoterreo do Ano” e ”Multiusos do Ano”.
Os visitantes que acudan ó Salón poderán ver a exposición fotográfica ”O automobilismo en Galicia nos anos 60”, unha mostra que recolle imaxes de circuítos de rallye de terra nesa época.
Descargar todas as imaxes