O Concello leva a Pleno a solicitude de ingreso na Conferencia das Cidades do Arco Atlántico do 2001
O Concello de Vigo considera necesaria a súa presencia na Conferencia de Cidades do Arco Atlántico para ser partícipe das decisións estratéxicas sobre o futuro da cidade que se tomarán no seo deste foro. No vindeiro Pleno da Corporación, que se celebrará o xoves 26 de abril, votarase a petición de adhesión de Vigo a esta Conferencia.
A Conferencia de Cidades do Arco Atlántico xurde co obxectivo de formar un grupo de presión que actúe como interlocutor ante a Unión Europea á hora de reclamar financiamento para programas estructurais de ámbito supraestatal que afecten directamente ás cidades integrantes. A idea esencial dos membros é a de colaborar en proxectos dirixidos a coordinar e potenciar infraestructuras como portos, aeroportos ou liñas ferroviarias.
A asemblea constituínte da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico celebrarase en Porto no mes de xullo. Outras cidades que anunciaron a súa intención de formalizar a entrada na organización son Sevilla, Bilbao, Santiago de Compostela, Lisboa, Porto, Cork, Nantes e Rennes.