Escoitar

“ Me Muevo”, novo programa de Benestar Social

mércores, 25 abr 2001
imx157.jpg
A Concellería de Benestar Social e a Asociación para o Síndrome de Down de Pontevedra asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización de actividades que faciliten a integración social das persoas con síndrome de Down a través dun programa de autonomía persoal, habilidades sociais e coñecemento do entorno.

O programa denomínase “ Me Muevo” e está dirixido e nenos e nenas con esa discapacidade partir dos 8 anos e ata a idade adulta.

A finalidade do programa é potenciar as habilidades necesarias para adquirir una autonomía urbana, logrando unha capacitación completa que permita desenvolver unha vida social e laboral, dando a oportunidade de que as persoas con síndrome de Down elixan os lugares onde levar a cabo a súas actividades de ocio do mesmo xeito que o realizan as persoas sen discapacidade.

A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, subliñou que “temos que contribuír o desenvolvemento das capacidades das persoas con Síndrome de Down para que dispoñan dunhas condicións de vida para participar no conxunto de recursos da sociedade”.

A Asociación para o Síndrome de Down de Pontevedra está na rúa Manolo Martínez nº1 de Vigo e o teléfono é 986 20 16 56.


Descargar todas as imaxes